Patricia Vilán asume a portavocía parlamentar do PSdeG apelando á unidade para “gañar as eleccións”

A deputada pontevedresa substitúe Méndez Romeu. Contará con Emio Vázquez e Noela Blanco como voceiros adxuntos.

Patricia Vilán Imaxe pontevedraviva
photo_camera Patricia Vilán Imaxe: Pontevedraviva

Patricia Vilán, avogada e deputada pontevedresa, é a nova portavoz parlamentar socialista na Cámara Galega, substituíndo a Méndez Romeu, que renunciou a seguir no cargo após perder nas primarias perante Xaquín Fernández Leiceaga. Vilán é, de feito, unha das poucas parlamentares que se mostraron partidarias de Leiceaga no proceso de primarias. Contará no novo posto co apoio doutros dous deputados que tamén apoiaron o economista, Emilio Vázquez e Noela Blanco, que van ser viceportavoz primeiro e segunda, respectivamente.

Patricia Vilán agradeceu a confianza depositada nela, para alén de dfestacar o traballo desenvolvido polo seu antecesor. Marcou como “obxectivo” gañar as eleccións galegas e lembrou que o “adversario” dos socialistas é o PP de Núñez Feijóo.

A presidenta da xestora socialista, Pilar cancela, cualificou a nova portavoz parlamentar como unha “muller forte, capaz e cuns valores socialistas moi fortes”. Cancela considera “bo” que haxa unha sintonía entre o candidato do PSdeG á Xunta e a dirección do grupo parlamentar.

Comentarios