Os pasos atrás da Xunta de Feijóo no combate contra o radón

Derrogou as medidas fixadas para controlar e evitar o radón nas edificacións. Figuraban nas Normas do Hábitat de 2007 impulsada pola Consellería de Vivenda, dirixida pola nacionalista Teresa Táboas. O radón é un gas radioactivo e Galiza é unha zona “de alta exposición”.

Concello de Fisterra (Luis Miguel Bugallo Sánchez).
photo_camera Fisterra. Foto: Luis Miguel Bugallo Sánchez

O radón é un gas radioactivo que se atopa en solos, rochas e augas. É inodoro, incoloro e insípido, cunha presenza importante en numerosos lugares. Os mapas de incidencia que se foron elaborando desde os anos 90 constataron que Galiza é unha zona “de alta exposición”. Nomeadamente polos solos graníticos. É a segunda causa de cancro de pulmón tras o tabaco.

O pasado mes de abril o BNG defendeu na comisión de Ordenación do Territorio unha proposición non de lei destinada a tomar as medidas precisas para coñecer os niveis de radón nas vivendas e centros públicos co fin de axustalos aos niveis establecidos pola Organización Mundial da Saúde, (OMS). Francisco Jorquera lamentou que o grupo maioritario do Partido popular non apoiara a iniciativa nacionalista amparándose na adaptación dunha nova Directiva europea cun prazo ata o ano 2018.

Non era esta a primeira vez que o BNG levaba este tema á Cámara galega. Hai uns meses, o deputado Cosme Pombo preguntaba polas medidas que o goberno galego tomara para coñecer o nivel deste gas en vivendas e edificcacións.

Na súa intervención, o parlamentar lucense apontaba que na lexislación española “só as Normas do Hábitat establecidas no 2007 polo BNG no Goberno da Xunta facían referencia directa ao radón e á necesidade de illamento na construción como medida preventiva. Lamentabelmente esta norma foi derrogada por Feijóo sen ningunha medida alternativa”.

Comentarios