O partido de Mario Conde anuncia a súa "inminente" disolución para se integrar en Vox

Boa parte da súa militancia pasará a tomar parte "en breve", indicaron desde SCD, na formación promovida por Ortega Lara.

A presidenta do partido co que Mario Conde concorreu ás eleccións ao Parlamento galego, Sociedade Civil e Democracia, presentou a súa demisión a través unha carta enviada á militancia. María Jamardo asegura na súa misiva que a formación promovida polo ex-banqueiro achégase á súa "inminente disolución"  debido á "alta competencia de partidos recén saídos ao campo político, como é Vox", explicou a responsábel de comunicación do partido á axencia de noticias EFE. 

Neste senso, boa parte da militancia de Sociedade Civil e Democracia podería integrarse "en breve" na formación impulsada polo ex-funcionario de prisións, Ortega Lara. Unha organización que demanda a supresión do Estado das autonomías e a creación dun Estado unitario "cun só Parlamento", entre outras cuestións. 

Comentarios