A participación cae en Galiza dous puntos a respecto de 2009

A caída no país estase a concentrar en Lugo e Ourense, bastións do PP, onde a participación cae con forza

Participación Galiza europeas 2014
photo_camera Participación Galiza europeas 2014

A participación nas eleccións europeas está a ser inferior a de 2009 en case todo o conxunto do estado español.  No segundo avance das 18h, a participación situouse no 33,65%, só 14 décimas menos que nos anteriores comicios. Na Galiza cae preto dos dous puntos até un 33, 42%. Só sube en Catalunya, Esuskadi, Navarra, Aragón, Andalucía e nas Illes Baleares.

GALIZA: 33,42% (35,31% en 2009)

A caída no país estáse a concentrar en Lugo e Ourense, bastións do PP, onde a participación cae con forza. Aliás, Ourense segue a ser a que conta con maior porcentaxe de votantes. As baixadas máis fortes producíronse especialmente nos municipios con poucos miles de habitantes.

Das cidades, Ferrol recolle a mellor subida aínda que lixeira, seguida de Vigo e A Coruña; mentres que a caída máis acusada prodúcese en Ourense cidade. A capital, Santiago de Compostela, rexistra un resultado similar ao de 2009. Vigo ten neste segundo avance a participación máis alta.

A Coruña: 32,37% (32,94% en 2009)

Moitos municipios rexistraron as 18h unha participación inferior ao 30%. Grandes baixadas en vilas como Camariñas, Cerdido, Curtis, Dumbría ou Sobrado, onde cae pormáis de dez puntos. A Somozas tivo até o momento a millor participación da provincia cun 47,17%. No novo municipio de Oza-Cesuras votou xa o 37,87% do censo.

- A Coruña (cidade): 34,63% (33,65%)

- Santiago de Compostela: 32,21% (32,19%)

- Ferrol: 34,56% (32,57%)

Lugo: 33,37% (37,11% en 2009)

Friol e A Nogais tiveron a millor participación. Nesta última vila a suba de votantes foi de máis de 13 puntos. Contrasta con caídas fortes en Ourol, Monterroso e Chantada. En Cervantes apenas votou o 20% do censo.

- Lugo (cidade): 32% (34,5%)

Ourense: 36,36% (42,38% en 2009)

Fortes caídas nas vilas de poucos centos de habitantes. A participación cae na maioría de municipios.

- Ourense (cidade): 32,93% (36,85%)

Pontevedra: 34,41 (34,96% en 2009)

As maiores caídas da participación na provincia déronse en Oia e Mondariz, con sete puntos por baixo. En contraste, a millor porcentaxe rexistrouse en Mondariz-Balneiro (51,28% con só 585 electores) e Ribadumia, onde acada o 44,47%.

- Pontevedra (cidade): 34,33% (35,04)

- Vigo: 35,67% (34,1%)

No conxunto do estado español, a participación mingua en case todas as comundidades autónomas. A maior caída rexistouse en Extramadura, Por contra, Catalunya rexistou unha suba de case nove puntos e alcanzou o 35,41%, seguido de Euskadi onde creceu por volta de tres puntos. As outras subas producíronse en Navarra, Aragón, Illes Baleares e Andalucía.

Comentarios