Datos das 14 horas

A participación cae na Galiza 5 puntos e no Estado 3,6

Cando son as 14 horas baixa a participación no 10-N en 5 puntos na Galiza e 3,6 no Estado respecto das últimas eleccións xerais de 28 de abril.

PARTICIPACION
photo_camera Votacións do 10-N nun colexio electoral de Vigo (Pablo González)

Galiza ás 14 horas rexistra un 31,98% de participación co 98,63% das mesas analizadas, segundo os datos facilitados polo portal do Ministerio do Interior. Isto significa unha caída de participación de 5,04 puntos respecto das pasadas eleccións xerais do 28 de abril, xa que á mesma hora daquela a participación era do 36,97%.

Dos 2.237.377 millóns de galegas e galegos chamados a votar este domingo segundo o censo, 705.127 xa exerceron o seu dereito ao voto. Unha cifra que se viu reducida con respecto ao 28 de abril, cando a tal hora 828.325 cidadás e cidadáns xa depositaran a súa papeleta.

O índice de participación no Estado tamén descende, aínda que en menor medida. Así rexistrase unha baixada de 3,6 puntos no Estado respecto da acadada na mesma franxa horaria nas anteriores eleccións xerais de 28 de abril.

Os datos facilitados polo Ministerio do Interior sinalan que no Estado lévase un 37,89% de participación (12.630.485 votantes) do total de persoas electoras fronte o 41,49% (14.437.177) que se levaba á mesma hora o 28A.

Comentarios