Todos os grupos parlamentares piden asilo para Hassanna Aalia

Todas as forzas con representación acordaron demandar ao goberno español que non se execute a súa orde de expulsión.

Parlamento
photo_camera [Imaxe BNG]

Esta sexta feira (9 de outubro) os grupos que conforman o arco parlamentar do Pazo do Hórreo anunciaron que solicitarán de maneira unánime, através do Ministerio de Interior, que lle sexa recoñecido o dereito de asilo ao activista sahariano, Hassanna Aalia. 

Farano após reunírense cunha delagación de Sogaps Galiza conformada por Maite Isla, a súa presidenta, e o delegado sahariano para Galiza, Habibulah. 

Da xuntanza saíu un acordo de todas as forzas políticas que reclamarán a paralización da orde de expulsión e o recoñecemento do seu asilo político. Esta demanda dos grupos parlamentares súmase á declaración institucional aprobada o pasado 10 de febreiro no Pleno na que se insta ao Ministerio de Interior a reconsiderar a petición de asilo político de Hassanna Aalia, aceptando a súa petición de protección internacional pois de ser expulso "será castigado duramente polas autoridades marroquís e non volverá saír de prisión no que lle quede de vida", sinalan. 

A decisión do Parlamento galego engádese á adoptada nos últimos días por outras institucións como o Concello de Bilbo, que tamén exixen a acollida de Aalia ou as proposicións non de lei rexistradas polo BNG e Amaiur no Congreso español. 
 

Comentarios