O Parlamento galego aproba a iniciativa do BNG pedir a intervención de Alcoa

Demanda ao Goberno español que interveña temporalmente a factoría para manter actividade e emprego.
Alcoa
photo_camera (Foto: Europa Press)

A Cámara galega aprobou por unanimidade unha iniciativa do BNG -transaccionada co PP- para instar a Xunta a demandar ao Goberno estatala intervención pública temporal de Alcoa San Cibrao para a súa venda coa fin de manter a actividade e o emprego.

Esta proposta é similar á aprobada a semana pasada no Congreso, tamén a iniciativa do BNG, na que se piden "cantas medidas sexan necesarias" a "a maior brevidade" para garantir o futuro da factoría, despois de que Alcoa anunciase a execución do despedimento colectivo de máis de 500 empregados da planta de aluminio de Cervo.

Estatuto do consumidor electrointensivo

Ademais, PP, BNG e PSOE aprobaron reclamar ao Goberno español que poña en marcha "de forma inmediata" un Estatuto do Consumidor  Electrointensivo, cunha mellora do borrador presentado para garantir un prezo estable.

O deputado do BNG Daniel Castro avisou de que "esta intervención tense que facer xa". "Non estamos no tempo engadido, nin na prórroga, estamos ante o último penalti"

Respecto diso, o deputado do BNG Daniel Castro avisou de que "esta intervención tense que facer xa". "Non estamos no tempo engadido, nin na prórroga, estamos ante o último penalti", deixou claro.

Todo iso, á espera de que o Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) realice o próximo 28 de outubro unha vista para substanciar a petición do comité de medidas cautelares para paralizar o expediente de regulación de emprego (ERE).

Desde que Alcoa anunciou a decisión do despedimento aumentaron as voces a favor dunha intervención da factoría, tanto do comité de empresa, como de forzas sindicais e políticas.

Comentarios