O Parlamento europeo debate dúas denuncias ao proxecto mineiro de Corcoesto

Presentadas pola Asociación 'Petón do Lobo' e pola Plataforma en defensa de Corcoesto e Bergantiños, a Eurocámara dará continuidade ás denuncias rexistradas a través da Comisión de Peticións. 

miranda
photo_camera Ana Martina Varela e Ana Miranda na Comisión de Peticións

Embora o proxecto for paralizado de maneira temporal á espera de que a canadense Edgewater presente un outro proxecto económico que garanta a súa solvencia, o Parlamento europeo debateu esta segunda feira (20 de xaneiro) as denuncias presentadas pola Asociación 'Petón do Lobo' e a Plataforma en defensa de Corcoesto e Bergantiños. 

As encargadas de defender as denuncias foron a portavoz do Petón do Lobo, Ana Martina Varela, e a ex-deputada do BNG, Ana Miranda en representación de Francisco García Trigo quen non puido asistir. 

Nos textos defendidos por ambas as dúas, denuncian o impacto do proxecto da empresa multinacional canadiense Edgewater e o impacto ambiental, económico e social que tería un proxecto desas características pra a comarca, tamén a controvertida Declaración de Impacto Ambiental aprobada pola Xunta de Galiza que autoriza a explotación mineira da zona malia os elevados índices de arsénico e a insustentabilidade do uso de cianuro para a extracción do ouro. 

Segundo expresou a Secretaria de Política internacional da organización frontista, manter abertas estas denuncias no Parlamento europeo é un "novo triunfo" da mobilización social e permitirá manter un seguimento permanente do proxecto até que a Xunta paralice de maneira definitiva o proxecto mineiro de Corcoesto pois, até o momento, lembrou Ana Miranda, "só é unha declaración de intencións feita polo Presidente da Xunta". 

Comentarios