XX Conferencia dos Intergrupos Parlamentares

O Parlamento convértese nun espazo na defensa do pobo saharauí

O Hórreo acolleu este sábado a XX Conferencia dos intergrupos parlamentares “Paz e liberdade para o pobo saharauí”, con representantes de Cámaras de distintos territorios do Estado.

[Imaxe: Parlamento de Galiza]
photo_camera [Imaxe: Parlamento de Galiza]

Unha solución política liderada pola ONU. Isto foi o que reivindicou a XX Conferencia dos intergrupos parlamentares “Paz e liberdade para o pobo saharauí”, que nesta ocasión tivo lugar no Parlamento da Galiza.

As parlamentares participantes – de Castilla-La Mancha, Nafarroa, Euskadi, Cantabria, Canarias, Castilla y León, Aragón, Comunitat Valenciana, Madrid, Murcia e Galiza- defenderon un futuro de paz e de oportunidades para as persoas refuxiadas saharauís e pola libre determinación deste pobo.

O secretario da Federación Estatal de Institucións Solidarias co Pobo Saharauí (Federissah), Antonio López Ortiz, esixiu a liberación dos presos políticos que se atopan en cadeas marroquís e pediu un referendo de autodeterminación para as habitantes do Sáhara Occidental. Ao concluír o acto informou de que se tratará de denunciar a situación do pobo saharauí perante o Consello dos Dereitos Humados en Xenebra (Suíza).

Comentarios