Parlamentares de En Marea prometen os seus cargos en galego

"Por imperativo legal" e "baixo os principios do mandar obedecendo", así tomaron posesión no Congreso. 

En Marea_Congreso
photo_camera [Imaxe En Marea]

As seis persoas que eleitas para o Congreso español por En Marea prometeron os seus escanos na sesión de constitución da Cámara baixa. Fixérono en galego e "por imperativo legal". 

Antón Gómez Reino, Yolanda Díaz, Miguel Anxo Fernán Vello, David Bruzos, Alexandra Franándes e Ángela Rodríguez aseguraron que asumían a responsabilidade como parlamentares "ao servizo da cidadanía, do pobo galego", para concluír coa coñecida frase da Revolución dos cravos 'o pobo é quen máis ordena'. 

Embora o uso das linguas propias non estar admitido no Congreso e recén eleito presidente da Cámara non impediu que se prometesen os escanos en galego, catalán e basco. 

Senado, en español

Ao contrario do que aconteceu no Senado no que Pio García Escudero, presidente da Mesa, mandoulle mudar de lingua á parlamentar do PNV, Maria Eugenia Ipagirre, impedíndolle usar a basca para dicir "bai" (si). Finalmente, Maria Eugenia Ipagirre optou por usar o castelán. 

As razóns argüídas por García Escudero foron a non existencia de tradución disponíbel nese pleno. O Senado é a única Cámara que permite o uso das linguas propias. "Por deferencia", dixo, "prégolle que use o castelán". 
 

Comentarios