Paralizado o informe europeo sobre a contaminación nas rías

A conxelación do documento, elaborado por eurodeputad@s que visitaron as rías de Ferrol, Vigo e O Burgo, retrasa máis unha vez a aprobación do mesmo. E, con ela, a posibilidade de tomar decisións sobre a contaminación

As rías galegas? Ben, grazas. Esa semella ser a única opción dos populares europeos (galegos e españois incluídos) sobre a contaminación nas rías. O informe elaborado por eurodeputad@s na súa visita a Ferrol, Vigo e O Burgo está paralizado, conxelado.

A presidenta da comisión de peticións do Parlamento europeo accedeu a que se consultase aos servizos xurídicos sobre unha serie de cuestións relativas a este informe. Unha decisión que implica un novo retraso na aprobación do documento. E van xa máis de 5 meses.

Para a parlamentar do BNG, Ana Miranda, este novo retraso está a xerar un malestar cidadá en Galiza, e que o parlamento europeo non está a dar solución a un problema grave como é o da contaminación nas rías. O eurodeputado galego do PSOE, Sánchez Presedo, pola súa banda, coosidera que co tempo que pasou desde que a comisión veu a Galiza “xa tiña que haber unha decisión”.


 

Comentarios