xoves 09.07.2020

O pacto PP-PSOE renova os órganos institucionais nun tenso pleno 

O pacto entre o  PP e PSdG-PSOE permitiu a renovación o Valedor do Pobo, Consello de Contas e consello de administración de Radio Televisión de Galicia (CRTVG), sen presenza do resto da oposición, nun pleno tenso no que quedou á vista a oposición do BNG, AGE e Grupo Mixto. Varios [email protected] dos partidos do pacto mostraron a súa disensión rompendo a disciplina nas distintas votacións. 

Parlamento
Parlamento

O BNG optou por exercer votos nulos e AGE e o Grupo Mixto por non votar nun proceso no que mesmo nas fileiras do PP e PSdG-PSOE se deixou ver a disensión dalgún dos seus membros xa que, nas repetidas votacións, nunca se chegou aos 58 votos que sumaban nesta sesión da Cámara. O pacto do PP-PSOE foi dos máis cuestionados da lexislatura xa que, por vez primeira, deixase fóra ao resto dos grupos da oposición, nomeadamente no caso do consello de administración da CRTVG que estará formado por Xosé Antón García Ferreiro e Leticia Vilar Pumares a proposta do PsdeG e Luís de Matta, Higinio Meijide Gómez, Ana Peón Piñeiro e Beatriz Adoitar Vázquez as que entrarán no órgano por parte do PP. O acordo entre os dous partidos permitirá o control do consello de administración da CRTVG por parte do bipartidismo até 2020 o que ocasionou as máis encendidas críticas do resto dos grupos da oposición. Membros do grupo do BNG mostraron cartaces nos que se podía ler "Por unha CRTVG pública e independente"". 

O mesmo acontece co Consello de Contas nos que Ana María Otero e José Antonio Redondo foron  [email protected] tras seren propostos polo PPdeG e Begoña Villaverde por parte do PSOE. Por vez primeira unha muller convértese en titular do organismo Valedor do Pobo. A catedrática de Filosofía e Dereito da Universidade de Santiago Milagros Otero substituirá no cargo a José Julio Fernández. 
 

comentarios