Pachi Vázquez renuncia a se presentar á secretaría xeral do PSdeG

O actual secretario xeral do PSdeG non optará ao cargo e deixa o camiño libre a Gómez Besteiro, presidente da Deputación de Lugo nas primarias consultivas de setembro

Pachi Vázquez na súa intervención

Pachi Vázquez non vai recuncar como secretario xeral d@s socialistas galeg@s. Unha decisión que confirmou esta sexta feira após meses de quinielas e incertidumes ao respecto entre militancia e simpatizantes do PSdeG. A decisión do de Carballiño deixa o camiño libre a Gómez Besteiro,máximo responsábel do PSdeG en Lugo e presidente da Deputación. O alcalde da Illa, Manuel Vázquez, mantén intención de se presentar, mais non semella que teña moitas opcións ante Besteiro. Cómtre lembrar que nomes de peso coma os ex-ministros do PSOE José Blanco e Francisco Caamaño xa mostraron o seu apoio ao de Lugo.

Vázquez, logo, non será candidato no proceso de primarias consultivas que terá lugar a comezos de setembro. O actual secretario xeral afirma que no PSdeG hai que devolver o protagonismo á militancia e que el será un militante de base máis. Iso si, seguirá no Parlamento de Galiza, onde é deputado.

"Tomei a decisión na noite electoral"

Pachi Vázquez afirmou que a decisión de non se presentar a este cargo, que ocupa desde 2009, xa a tomou na noite electoral dos comicios galegos, en outubro do ano pasado. 

Comentarios