Pachi Vázquez: “Feijóo podería acabar no cárcere pola súa relación con Marcial Dorado”

O secretario xeral do PSdeG afirma, nunha entrevista na cadea Ser en Galiza, que os socialistas non descartan emprender a vía xudicial. 

 

Pachi Vázquez, voceiro do PSdeG

As fotografías de Feijóo con Marcial Dorado poderían ter para o presidente da Xunta consecuencias para alén das estrictamente políticas. Así o entende o secretario xeral d@s socialistas galeg@s, Pachi Vázquez, que nunha entrevista na cadea Ser en Galiza afirmou textualmente que “Feijóo podería acabar no cárcere pola súa relación con Marcial Dorado”, segundo se recolle nun chío de @sergalicia.

Pachi Vázquez sinalou que, "se Feijóo tivese negocios con Marcial Dorado é un tema penal e ao mellor ten que ir ao cárcere, mais iso non o teño que decidir eu, iso lo teno que decidir o TSXG se entra ao tema".

O socialista resaltou que non estamos a falar da relación "dun rapaz de Os Peares que nunca foi a Ourense e non veu o mar", senón que se trata do "número dous da Consellería de Sanidade e un narcotraficante", e preguntou "por que eran tan amigos, qué os unía, que os relacionaba, que procuraban un doutro?".

Entramado de negocios

Pachi Vázquez, durante a entrevista, tamén fixo referencia ao entramado de negocios de Marcial Dorado e nel situou ao testaferro Maniel Cruz, chofer da Xunta (nesa época, do conselleiro de Sanidade, Romay Beccaría) e que foi o que presentou a Feijóo e Dorado.

Vázquez, que apuntou a que o PSdeG non desbota emprender accións xudiciais, reclama a Feijoo “os datos dos negocios de Marcial Dorado coa Xunta na súa etapa na Consellería de Sanidade”. Mais, engadíu, e alén deste aspecto xudicial, en calquer outro país democrático, un presidente que saia nunhas fotografías así "demite aos cinco minutos".

Aliás, Manuel Vázquez incidiu en que as explicacións dadas polo presidente da Xunta sobre esas fotografías non son convincentes, o que aínda mantén dúbidas sobre todo o caso.

Romay Beccaría

Tamén falou na entrevista o secretario xeral do PSdeG sobre Romay Beccaría, que saíu á palestra para dicir que naqueles anos el tampouco coñecía a Marcial Dorado. Vázquez afirmou: “o trío Dorado, Feijoo, Manolo Cruz (chófer da Xunta e testaferro do narco) son tres persoas distintas cunha persoa que os une a todos, Romay Beccaría”.

Na entrevista, Vázquez tamén aludiu ás primarias do PSdeG, afirmando que ten unha decisión tomada, máis que opta por non a facer pública para  "non contaminar" antes de pactar o modelo de proceso.

 

Comentarios