POLÍTICA

Pachi Vázquez desmárcase de González: "co PP non hai que se xuntar para nada"

Pachi Vázquez desmárcase de González: "co PP non hai que se xuntar para nada"

As declaracións de Felipe González a prol dun goberno de concentración, realizadas este domingo en La Sexta, producen un sismo no PSOE. Na contorna de Rubalcaba había indignación co ex líder do partido. "Isto rebéntanos a campaña", dicían. Mentres, en Vigo, Abel Caballero di que Rubalcaba está satisfeito co seu pacto orzamental co PP.

Pachi Vázquez na súa intervención
photo_camera Pachi Vázquez, nun acto do PSdeG

O ex secretario xeral do PsdeG-PSOE desmarcouse hoxe de Felipe González e, en relación ao debate sobre a hipotética formación dun goberno de concentración co PP após as próximas eleccións xerais, declarou: "Co PP non hai que se xuntar para nada porque está a destrozar o país".

Pachi Vázquez realizou estas declaracións ante a imprensa antes de tomar parte nun acto eleitoral da súa formación política.

Caballero di que Rubalcaba avala o seu pacto orzamentario co PP en Vigo

Con énfase afirmou que el como socialista "nunca se aliará" co PP e engadiu: "A única posibilidade é gañarlle ao PP porque está a destrozar o país".

En troca, Abel Caballero dixo este domingo, na SER Galiza, que Alfredo Pérez Rubalcaba fai unha valoración positiva do acordo orzamentario acadado polo PSOE co PP en Vigo.

Fontes próximas a Rubalcaba dixeron xa onte á noite que o secretario xeral do PSOE non partillaba as afirmacións de Felipe González e xulgaban que avaliar agora unha eventual grossen koalition no Estado español favorece os intereses eleitorais do PP.

Apoia Nós Diario

Se estás lendo de balde este xornal é grazas ás máis de 3.000 persoas subscritoras. A información independente ten un prezo. Apoia un xornalismo galego e sustentábel subscribíndote a Nós Diario ou facéndote mecenas.

comentarios