Pachi Vázquez recoñeceu a necesidade de “actualizar o proxecto e a mensaxe” do seu partido, despois do derrubamento electoral que sufriron o pasado 21-O. O secretario xeral do PSdeG-PSOE fíxoo nunhas declaracións ao remate da reunión da Executiva Federal do PSOE que tivo lugar esta mañá en Madrid.
Vázquez sinalou o “traballo” como a chave con que @s socialistas procuran “acadar esa resintonización coa sociedade”, compromenténdose para iso a “redobrar esforzos”.
Apoio a Rubalcaba
O líder do PsdeG-PSOE expresou tamén o seu “apoio pechado” a Alfredo Pérez Rubalcaba e á dirección federal. Asemade, anunciou que a conferencia política do PSdeG responderá a un “ritmo propio” malia asumir que cumprirá cos prazos fixados pola súa matriz estatal.