Pachi Vázquez apoia a Rubalcaba e comprométese a redobrar esforzos para remontar o derrubamento electoral

O secretario xeral do PSdeG-PSOE participou esta mañá nunha reunión da Executiva Federal do PSOE. A conferencia política d@s socialistas galeg@s seguirá os seus propios ritmos mais respectará os prazos fixados a nivel federal.

Pachi Vázquez recoñeceu a necesidade de “actualizar o proxecto e a mensaxe” do seu partido, despois do derrubamento electoral que sufriron o pasado 21-O. O secretario xeral do PSdeG-PSOE fíxoo nunhas declaracións ao remate da reunión da Executiva Federal do PSOE que tivo lugar esta mañá en Madrid.

Vázquez sinalou o “traballo” como a chave con que @s socialistas procuran “acadar esa resintonización coa sociedade”, compromenténdose para iso a “redobrar esforzos”.

Apoio a Rubalcaba

O líder do PsdeG-PSOE expresou tamén o seu “apoio pechado” a Alfredo Pérez Rubalcaba e á dirección federal. Asemade, anunciou que a conferencia política do PSdeG responderá a un “ritmo propio” malia asumir que cumprirá cos prazos fixados pola súa matriz estatal.

Comentarios