Pablo Iglesias inicia esta segunda feira, 4 de xaneiro, os contactos coas alianzas territoriais que estableceu o seu partido para as eleccións do 20-D, tal e como informan axencias de noticias como EP. A finalidade destas xuntanzas é coordenar estratexias e analizar resultados. Iglesias reunirase con representantes de Anova, Esquerda Unida, Barcelona En Comú, Compromís, Equo, Esquerra Unida i Alternativa e Iniciativa per Catalunya, así como cos deputados electos de Podemos.
Após estas xuntanzas, o secretario xeral de Podemos explicará ante os medios de comunicación os resultados destas reunións e as deliberacións e acordos nas mesmas, segundo indica Podemos.