“Pablo Iglesias é un refén de Anova e Esquerda Unida”

Os críticos de 'Bases Podemos' piden que de cara ás eleccións galegas a candidatura “non se limite a un pacto de siglas”.

Rolda de imprensa Podemos e marés

A corrente crítica 'Bases Podemos' non queren que a opción do partido de Pablo Iglesias para as autonómicas “non se limite a un pacto de siglas”, no que semella unha referencia a En Marea, “senón que abra as portas a un proceso máis amplo e democrático, actuando como pegamento nun espazo onde todos se sintan a gusto e poida desenvolver políticas de transformación xurídico-social axeitadas ao que demanda a maioría da cidadanía".

Este colectivo mesmo afirma no comunicado que “queremos corrixir Pablo Iglesias, de quen cremos que é refén dos intereses partidistas de EU e Anova". Unha afirmación que chega en plena crise interna de Podemos Galiza, con enfrontamento aberto entre a dirección estatal e secretario xeral galego. Neste sentido, 'Bases Podemos' xa avanza que non se presentará como colectivo nos comicios internos para renovar os máximos órganos galegos do partido. Porén, aclararon que calquera persoa ligada a Bases Podemos "é libre de participar a título individual dentro da candidatura que crea conveniente".

Comentarios