Pablo Iglesias enmenda Breogán Riobóo e di que Podemos irá con En Marea nas eleccións galegas

Afirma que o seu partido concorrerá con En Marea nas eleccións galegas deste ano e mostrouse convencido de que “gañarán”.

Pablo Iglesias rolda imprensa
photo_camera Pablo Iglesias

Pouco durou o vóo da posibilidade expredada por Podemos Galiza de concorrer en solitario ás eleccións galegas que van ter lugar neste 2016. O secretario xeral de Podemos, Pablo Iglesias, saiu ao paso para desautorizar a porta aberta polo secretario xeral da organización en Galiza, Breogán Riobóo, de ir aos comicios galegos en solitario.

“Podemos partilla folla de ruta coas súas forzas irmás en Galiza. Estou convencido que nas vindeiras eleccións, En Marea, co apoio de Podemos, gañarás as eleccións”, asegurou Iglesias, en resposta ás afirmacións de Riobóo. Preguntado sobre as críticas do secretario xeral de Podemos Galiza a unha campaña que ao seu xuízo se centrou excesivamente en captar o “voto nacionalista”, Iglesias limitouse a repetir: “Podemos partilla folla de ruta coas súas forzas irmás en Galiza”.

As reflexións de Breogán Riobóo tamén tiveron nestes días respostas de alcaldes das mareas, como Martiño Noriega (Compostela) e Xulio Ferreiro (A Coruña), que sinalaron que a aposta nas eleccións galegas debía ser por “máis unidade”.

Comentarios