Pablo Iglesias: “Creo que Yolanda pode ser a próxima presidenta"

O xa ex vicepresidente dio Goberno español considera que a política galega “pode levar a Unidas Podemos máis lonxe de onde o levei eu".

Pablo Iglesias e Yolanda Díaz (Foto: Europa Press).
photo_camera Pablo Iglesias e Yolanda Díaz nunha foto de arquivo (Foto: Europa Press)

Nunha entrevista na Cadena Ser, Pablo Iglesias considera que coa súa marcha da vicepresidencia e co ascenso de Yolanda Díaz Unidas Podemos conta cun liderado máis coral e menos  personalista.“Creo que Yolanda pode ser a próxima presidenta", dixo, e que "pode levar a Unidas Podemos máis lonxe de onde o levei eu".

Sobre a súa decisión de deixar o Goberno español para concorrer como candidato ás eleccións madrileñas do 4 de maio, sinalou que asume que sempre o van a criticar, "faga o que faga". Segundo Iglesias, "parecía que a dereita xa o tiña feito e xa non o ten feito". "A dereita sempre sae a votar e non fica ninguén na casa. Hai que pelexar para que a dereita non volva saír. Conseguilo sería un éxito", dixo.

Preguntado polo candidato do PSOE, Ángel Gabilondo, Iglesias sostivo tamén que non pensa criticar os candidatos do resto de forzas progresistas porque iso é "o que a dereita quere" e xera " cansanzo" entre os votantes da esquerda.

Iglesias asegurou que concorrerá nas eleccións madrileñas para gañar, resistíndose a contemplar outras hipóteses, pero finalmente recoñeceu que tamén está disposto en manterse como deputado na oposición: "Se teño que estar a facer oposición na Asemblea, estarei, mais nós saímos a gañar. Estarei onde os compañeiros me digan que teño que estar".

Comentarios