Pablo Crespo revela que el propio entregaba sobres con cartos en B a dirixentes do PP galego

O que fora secretario de Organización dos populares galegos nos 90 asegura que por volta do 65% do financiamento do PPdeG era irregular. Crespo cifra en 300.000 euros anuais os cartos (sen declarar) que recadaba para o PPdeG, cifra que nos anos de eleccións aumentaba “moi notabelmente”. Afirma ter "papeis" comprometedores para dirixentes do Partido Popular.

crespo
photo_camera Pablo Crespo

Pablo Crespo foi na noite do domingo un dos protagonistas do programa 'Salvados' que emite a cadea La Sexta e que neste capítulo trataba da corrupción (#caminodecorrupción). O ex-secretario de Organización do PP galego e un dos principais implicados na trama Gürtel afirmou, con rotundidade, que el mesmo entregou a finais dos 90 a altos cargos e dirixentes do Partido Popular galego sobres con diñeiro sen declarar. Uns cartos, apuntou, que proviñan de doazóns. Diñeiro en B que, sostivo con normalidade, entregaba en man a didirxentes do PP do noso país.

Non quixo dar nomes, mais Crespo apuntou a que moitos dos actuais dirixentes do PP que cargan con dureza contra Bárcenas terían que estar calados porque tamén eles cobrarían en B. E, apuntou, "hai miles de papeis" en refrenza a que se habería documentos comprometedores para o Partido Popular sobre financiamento ilegal.

O ex-secretario de Organización calculou nuns 300.000 euros anuais os que podía recadar para o PP galego en diñeiro sen declarar. Unha cantidade, engadiu, que se multiplicaba notábelmente cando era ano de eleccións. “Por unha campaña podíamos declarar un millón de euros e o seu custo era de catro ou cinco millóns”, afirmou.

Rajoy sabíao

Preguntado por Jordi Évole sobre se Mariano Rajoy era coñecedor do financiamento ilegal do PP, Pablo Crespo dixo ter “a seguridade” de que “toda a estrutura do Partido Popular, incluíndo o señor Rajoy, coñecía a forma de financiamento”.

O ex-dirixente do PPdeG, que asegurou que estas formas de financiamento “están regularizadas desde os an os 80”,cifrou en máis dun 80% das doazóns que percibe o PP as que proveñen de construtores de obra pública.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

comentarios