Os correos de Torres apuntan a que o Rei fixo xestións para favorecer os negocios de Nóos

Os correos electrónicos achegados por Diego Torres ao xuíz desmontarían a versión oficial da Casa Real. Segundo portavoces da Xefatura do Estado español, en 2006 o Rei teríalle pedido a Urdangarín que rachase con Torres. Os email mostran, en troca, que en 2007 Juan Carlos I fixo xestións para favorecer os negocios de Nóos.

Estreítase o cerco sobre o chefe do Estado. As últimas revelacións de Diego Torres mostran que en 2007 Juan Carlos I fixo persoalmente xestións para colaborar cun dos proxectos de Urdangarín, o vinculado aos patrocinios deportivos da Copa América. Unha operación que resultou na evasión fiscal, na expatriación, de máis de medio millón de euros.

12 de Outubro de 2007. Na súa caixa de correo electrónico, Torres recebe a seguinte mensaxe de Urdangarín: "“Diego, a ver se mañá falamos un minuto, que é importante. SM comentoume un posíbel patrocinador importante e ao irme o domingo quero deixalo nas túas mans ben atado". Torres díxolle que SM son as iniciais de Súa Maxestade.

1 de Setembro de 2007. Un novo correo, tamén moi revelador. “Te´ño unha mensaxe de parte do Rey e é que lle comentou a Cristina para que mo diga que lle chamará Camps a Pedro". Cristina é a filla do monarca. Camps, o daquela presidente da Comunidade Valenciá. E Pedro, Pedro Perelló, o impulsor do Proxecto Ayre, vinculado á organización da Copa América.

Sábese que Perelló se chegou a entrevistar con Juan Carlos I.

Comentarios