Política

Os concellos solicitan criterios obxectivos para o financiamento

Alberto Varela sinala que as Administracións locais precisan dunha "suficiencia financieira" como está recollido na Constitución do Estado
O presidente da Fegamp, Alberto Varela, Alberto Núñez Feixoo e o expresidente da Fegamp, Alfredo García (Europa Press)
photo_camera O presidente da Fegamp, Alberto Varela, Alberto Núñez Feixoo e o expresidente da Fegamp, Alfredo García (Europa Press)

O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias, Alberto Varela, reclama que se estabelezan uns criterios "obxectivos" para o reparto de todos os cartos que reciben as Administracións locais galegas por parte da Xunta. "Ao final é a nós a quen piden contas as veciñas e veciños", asegura Varela.

"Levamos corenta anos de democracia, os concellos xa somos maiores e sabemos cales son as necesidades das nosas veciñas", dixo.

"Para poder prestar un servizo axeitado, as Administracións locais precisamos dunha suficiencia financieira, como recolle perfectamente o artigo 142 da Constitución", sinala Varela.  

A información íntegra pode consultala na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.

Comentarios