Orozco imputado por suborno a persoal público e tráfico de influencias

O Xulgado de Instrución nº 1 de Lugo chama a declarar como imputado ao alcalde de Lugo na Operación Pokémon que investiga unha trama de subornos en adxudicacións de servizos públicos
O ex alcalde de Lugo, Xosé López Orozco (Foto: Nós Diario).

A Operación Pokémon segue o seu curso e agora é o alcalde de Lugo, Clemente López Orozco, o imputado na causa que instrúe a xuíza Pilar de Lara. Xa son tres os rexidores municipais imputados despois de que xa figuren nesta situación os exalcaldes de Boqueixón e Ourense, o popular Adolfo Gacio e o socialista Francisco Rodríguez. Orozco deberá presentarse a declarar a vindeira quinta feira no Xulgado de Instrución nº 1 de Lugo. Por agora o único imputado en cadea provisional é o expresidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil e exconcelleiro de Economía e Urbanismo de Lugo, Francisco Fernández Liñares. 

Orozco asegurou que o día 22 acudirá a declarar, "a vida municipal segue como se non pasara nada"

Diante das acusación de pertencer a esta suposta trama de subornos na que se trataban adxudicacións de servizos públicos, López Orozco asegurou sentirse "tranquilo" e "descarta dimitir" do seu cargo. En declaracións á prensa sinalou que a súa era "a crónica dunha imputación anunciada" despois de o seu nome estivera presente en varios medios de comunicación. En todo caso asegurou que o día 22 acudirá a declarar, "a vida municipal segue como se non pasara nada".

Comentarios