luns 20.01.2020

Orozco alenta a aspiración de Besteiro de liderar o PSdeG

O presidente do PSdeG-PSOE cualificou de “bo candidato” ao actual Presidente da Deputación de Lugo
Besteiro e Orozco en primeiro termo
Besteiro e Orozco en primeiro termo

O alcalde de Lugo e presidente do PSdeG-PSOE xa tería escollido unha opción para resolver a renovación do liderado no partido que se producirá nun congreso extraordinario das e dos socialistas galegos, que se prevé teña lugar antes do verán, logo do derrubamento electoral sufrido o pasado 21-O.

López Orozco decantaríase polo actual Presidente da Deputación lucense, José Ramón Gómez Besteiro. Neste senso, Orozco asegurou que se del despendese “animaría” a Besteiro, a quen cualificou de “bo candidato”, para que optase á secretaría xeral do PSdeG. Esta aposta podería interpretarse como un sinal de que José Blanco finalmente non concorrerá ao proceso interno do que sairá a ou o sucesor de Pachi Vázquez. Porén, iso non supón necesariamente que o ex ministro renuncie a ser cabeza de cartel do PSdeG nas eleccións autonómicas de 2016.

Con todo, o alcalde de Lugo afirmou que a súa prioridade é o remozado do discurso do partido e amosouse contrario a que o debate se reduza a “unha cuestión nominalista”. Orozco, na liña sostida días atrás polo propio Pachi Vázquez, declarouse partidario de “actualizar” a mensaxe do PSdeG

comentarios