As organizacións soberanistas chaman a se mobilizar contra o ‘tour’ da casa real por Galiza, Euskal Herria e Catalunya

Critican que se use a “emerxencia sanitaria” para “branquear” a monarquía española.

declaraciobn llotja de mar nacio digital

A monarquía española anunciou a súa vontade de visitar Catalunya, Valencia, Illes Balears, Galiza e Euskal Herria. As formacións que fan parte da declaración de Llotja de Mar (Junts per Catalunya, Crida Nacional, PDeCat, CUP, BNG, Bildu, Esquerra, Mes Per Mallorca, Demòcrates de Catalunya) chaman a “a tomar parte nas mobilizacións convocadas para amosar o noso rexeitamento á monarquía”.

“É urxente dicir adeus á monarquía e construír as repúblicas dos pobos”, indican nun comunicado conxunto.

Estas organización considera que se está a empregar a “emerxencia sanitaria, social, económica e de coidados que estamos a padecer” para “branquear” o historial dos Borbóns.

Un historial, denuncian, “cheo de denuncias de corrupción, a monarquía imposta polo franquismo pretendía visitar os nosos pobos para seguir dando pasos na súa campaña de imaxe”.

.

Comentarios