REMODELACIóN NO GOBERNO GALEGO

A oposición salienta o "fracaso" de Feijóo á fronte da Xunta de Galiza

Mergullámonos nas redes sociais para coñecer a opinión das forzas parlamentares da oposición sobre a remodelación do Goberno de Feijóo.

Parlamento
photo_camera Parlamento

Tras o anuncio da remodelación sorpresa no Goberno de Feijóo, as redes sociais comezaron a ferver con numerosas apreciacións, entre as que destaca a celebración da destitución de Rosa Mosquera como conselleira de Sanidade tras a nefasta xestión do novo hospital de Vigo. Consultamos os perfís dos líderes da oposición.

O líder do PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, sinalou no Twitter que “Feijóo eméndase a si mesmo no tempo de desconto do seu mandato. Admite o fracaso da súa xestión sanitaria e do seu goberno #CrisedeGoberno”. Tamén sinala que “Feijóo lidera agora mesmo un goberno en crise que deixa un país en crise #CrisedeGoberno”.

Yolanda Díaz, portavoz de AGE, sinala no seu perfil de Twitter que “As mareas organizadas tumban a Mosquera!! A loita organizada, coma sempre, move á roda” #mosqueradimisión”. Tamén afirma que “o éxito da mobilización cidadán en defensa da sanidade pública forza o cese da conselleira de sanidade. Noraboa!” e que “o PPdeG e Feijóo ven a súa derrota no outono de 2016. Colócase na parrilla de saída e teme á Unidade Popular”.

O portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, pon de manifesto que “Feijóo recoñece o fracaso do seu goberno e intenta aparentar cambio á vista das eleccións endilgando o queime @s [email protected] #tardepiaches”. “Feijóo nomea Conselleiro ao que vai ser xefe de campaña electoral do PP para as xerais e así pagarémoslla [email protected] @s [email protected]”, engade. Sobre a mudanza na Consellaría de Traballo e Benestar, Vence salienta en Twitter que “despois dos escándalos de corrupción na Consellaría de Traballo, a Beatriz Mato créanlle a de Medioambiente #políticadeespeciesprotexidas”. “O desastre sanitario, con recortes e privatizacións, non era cousa só da concelleira. É o fracaso de Feijóo e do #PPPúblicoPrivado”, opina.

Tamén valorou as mudanzas na Xunta de Galiza o portavoz parlamentar do BNG, Francisco Jorquera, quen afirma que “Feijóo intenta salvar un goberno morto, mais sinto dicirlle que a resurrección non existe”. Engade que “Feijóo intenta evitar que o fiasco da sanidade e do leite o leven por diante. A boas horas, mangas verdes #tardepiaches”.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

comentarios