A oposición pide a Feixoo dar a cara no 'Caso Pemex

Os grupos da oposición exixen a convocatoria da Deputación Permanente para que Núñez Feixóo dea explicacións sobre os contratos coa petroleira Pemex nos que participou Emilio Lozoya. 
Alfonso Rueda e Alberto Núñez Feijóo (Europa Press).

Alfonso Rueda y Alberto Núñez Feijóo

  (Foto de ARCHIVO)

10/3/2019
photo_camera Alfonso Rueda e Alberto Núñez Feijóo (Europa Press). Alfonso Rueda y Alberto Núñez Feijóo (Foto de ARCHIVO) 10/3/2019

Todos os partidos políticos da oposición (PSdeG, Grupo Común da Esquerda, BNG e Grupo Mixto) veñen de presentar no Parlamento de forma conxunta un escrito no que solicitan a comparecencia do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, para que explique as galegas a súa vinculación coa presunta trama corrupta orquestada polo ex director xeral de Pemex, Emilio Lozoya, que agarda en prisión por que a Audiencia Nacional resolva a súa extradición a México.

A petición prodúcese só unhas horas despois de que desde os medios de comunicación do país azteca situaran a Feixoo e a súa secretaría xeral de medios, Mar Sánchez, nas negociacións para a compra do estaleiro vigués Hijos de J. Barreras por parte da petroleira mexicana que agora investiga a Fiscalía daquel país xunto con outros contratos. 

En declaracións a Nós Diario, os grupos da oposición coinciden en sinalar "algo escuro" nos acordos entre a Xunta e Pemex que Feixoo debe aclarar a todas as galegas. Por iso, confían en que compareza na Deputación Permanente, agora que o Parlamento está xa disolto pola convocatoria de comicios electorais o vindeiro 5 de abril. De non facelo, engaden, sería porque "ten algo que ocultar".

 Desde o Partido Popular tratan de desviar a atención e prefiren non opinar sobre este asunto. En todo caso, a formación sinala que a investigación a Lozoya é "unha cuestión relacionada con Brasil", cando o director da Unidad de Inteligencia Financiera (UIF) de México, Santiago Nieto, xa recoñecera hai uns días que en torno ao ex directivo había investigacións por concluír, entre elas a adquisición de Barreras por parte de Pemex.

A sombra da corrupción

De comparecer, non será a primeira vez que pregunten a Feixoo pola súa relación con Lozoya. Como lembra Luca Chao, do Grupo Común da Esquerda, cando o ex director fora declarado prófugo da Xustiza, ás deputadas do PP "facíalles graza e mesmo non lle daban importancia". "Ter contratos con delincuentes é algo moi serio" que "non se pode entender en democracia", apunta a deputada, que critica que Feijoo empregara estes contratos, sobre os que pende "a sombra da corrupción", para asegurar un futuro ao naval que despois "quedou en nada".

"Clarificar os vínculos cun empresario investigado por presunta corrupción e branqueo de capitais". Iso é o que espera Olaia Rodil, deputada do BNG, dunha hipotética comparecencia de Feixoo. Desde a formación nacionalista cren que ten "moitas explicacións" que dar, "non só sobre Lozoya", senón tamén da propia operación de compra do propio estaleiro vigués, pola que a firma mexicana fíxose con control de 52% do capital dunha das principais firmas do naval galego. "Declarábase director comercial da Galiza cando se reunía con eles e agora intenta facer crer que non tiveron relación", aféalle Rodil.

 Desde as filas de En Marea, Pancho Casal quere saber cales foron as "motivacións" das que fala o informe de auditoría interna encargado pola propia Pemex para firmar un acordo como o de Barreras que a petroleira cualifica de "desastroso economicamente" e ao que o presidente fiaba o futuro industrial da Galiza. 

A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario, á venda nos quioscos, ou na súa lectura na nube.

Comentarios