Os once anos de gobernos Feixoo, baixo a lupa de Nós Diario

Expertos e analistas debullan o impacto desta década de Executivos do PPdeG en campos como a economía, a sanidade ou a demografía.

O presidente galego, Alberto Núñez Feixoo (Xunta).
photo_camera O presidente galego, Alberto Núñez Feixoo (Xunta).

O 1 de marzo de 2009 Núñez Feixoo gañaba as eleccións galegas e iniciaba o primeiro dos seus tres mandatos á fronte da Xunta de Galiza, un percorrido que este 5 de abril quer revalidar cunha nova maioría que lle permita emular Manuel Fraga e sumar catro maiorías absolutas.

Os once anos de Gobernos do PPdeG tiveron e teñen un impacto directo sobre a vida dos galegos e galegas e sobre o presente e futuro da Galiza. Debullar os efectos e consecuencias desta década de políticas de Núñez Feixóo en campos como a demografía, a sanidade ou a economía é o obxectivo da serie de análises que Nós Diario inicia esta sexta feira, 6 de marzo.

O esfarelamento do sistema financeiro galego, a renuncia ao autogoberno, o inverno demográfico, as políticas forestais, a (ina)acción exterior, ou a depauperación da sanidade pública son, entre outras, algunhas das cuestións sobre as que se van debruzar persoas expertas e coñecedoras.

Datos e claves para axudar a entender e comprender o que supuxeron estes once anos de Gobernos de Feixoo e como as súas políticas e accións, que por acción quer por omisión, condicionan a Galiza.

Comentarios