ELECCIóNS XERAIS

Olalla Rodil e Noa Presas apreséntanse ás primarias de IpU por Lugo e Ourense

Após coñecer que Carlos Callón e Carme Adán apresentaron os seus avais para concorrer ás primarias de Iniciativa pola Unión como cabezas de lista da Coruña e Pontevedra, respectivamente, vimos de coñecer que Olalla Rodil e Noa Presas concorren ás primarias para seren cabezas de lista por Lugo e Ourense.

Olalla Rodil e Noa Presas
photo_camera Olalla Rodil e Noa Presas

Amais de Carlos Callón, pola Coruña, e Carme Adán, por Pontevedra, véñense de dar a coñecer outros dous nomes que se postulan como cabezas de lista por Lugo e por Ourense nas eleccións primarias de IpU. Trátase de Olalla Rodil e de Noa Presas, que apresentaron os seus 25 avais de modo a seren elixidas candidatas de Nós. Candidatura Galega.

Nada en Ribeira de Piquín, en 1989, Olalla Rodil é xornalista. Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, ten un mestrado de Estudos Internacionais e milita en Galiza Nova.

Noa Presas naceu en Ourense en 1987 e estudou Filoloxía Galega e Románica na Universidade de Santiago de Compostela, amais do mestrado universitario de Profesorado. Aos 16 anos, decidiu entrar nos CAE e comezar a militar no BNG. Traballou como lingüista e profesora no ensino non regrado, amais de teleoperadora nun servizo de atención ao cliente.

No día de hoxe, Iniciativa pola Unión dará a coñecer a listaxe de persoas que presentaron os seus avais para concorreren ás eleccións primarias.

Comentarios