O Valedor apoia os recortes e considera que o pobo galego saberá “soportalos”

López amósase partidario de suspender a Lei de Dependencia
Benigno López, Valedor do Pobo
photo_camera Benigno López, Valedor do Pobo

O Valedor do Pobo, Benigno López, considera "imprescindíbeis, xustas e necesarias" as medidas de axuste e os recortes adoptados polos gobernos galego e español, e alén diso instou os responsábeis da Xunta e do Executiv central a explicárenas á poboación para que esta aprenda a "soportalos".

Nesta liña, Benigno López, amosouse partidario de que se "suspenda" a aplicación da Lei de Dependencia, que "naceu morta", debido ás dificultades que ten o seu desenvolvemento pola falta de recursos económicos.

"Entendo que ningún dirixente, sexa do grupo político que sexa, salvo que non estea no seu san xuízo, vaia tomar unhas medidas correctoras ou de austeridade que vaian en contra de da cidadanía por gusto", manifestou na súa intervención, na que subliñou que o pobo é "sacrificado e consciente da realidade que o rodea".

Neste sentido, considerou que "estas medidas que producen sufrimento, teñen que entenderse como xustas, necesarias e imprescindíbeis". "Ao mellor estamos obrigados a soportalas e entendo que o pobo galego está tamén comprometido a soportalas e sufrilas", apostilou.

Comentarios