A vaga soberanista leva o PSOE a apostar por unha reforma da Constitución en clave federalista

O PSOE aposta por unha reforma ampla da Constitución que permita evoluir cara a unha España federal. Así se recolle nun documento de traballo elaborado por dirixentes socialistas e catedráticos de dereito e que quer ser "un punto de encontro"· frente ao que o PSOE califica de vagas recentralizadores e soberanistas. Iso si, aclaran que o que queren é "preservar a unidade de España"
Rubalcaba e Griñán
photo_camera Rubalcaba e Griñán

O PSOE quere superar o actual estado das autonomías e evoluir cara un estado federal. Unha fórmula que permita superar, consideran os e as socialitas, as pulsións recentralizadoras e soberanistas. Iso si. Apuntan que sempre dentro do mandato de preservar la unidad de España

Un grupo de exdirixentes socialistas e de catedráticos de dereito elaboraron o documento que o PSOE quere presentar como punto de partida para a reforma da Constitución. Falan mesmo de que as federacións teñan peso á hora de decidir en decisións estatais, ou ben un novo reparto de competencias.  Os socialistas son partidarios tamén de reformar o Senado (outorgándolle máis poder) e de fixar por lei a financiación das comunidades autónoma.

Dirixentes socialistas de hoxe, como Rubalcaba, ou de antano, como Felipe González, están estes días a mostrar públicamente o seu apoio a unha España federal, mais sen concretar en ningún momento a qué federalismo se refiren.

A vaga soberanista en Euskal Herria e Catalunya, con Parlamentos cunha ampla maioría de forzas nacionalistas, obriga aos partidos estatais a posicionarse ou moverse. O PSOE semella botar man dun federalismo que, malia figuraren nos propios estatutos do partido, nunca lles levou o xenio intentar facer cando tiveron goberno. Mais agora semella que están decididos a dar o paso, segundo recollen xornais españois. 

Os socialistas valenciáns, pola supresión das provincias e recoñecemento da 'asimetría'

E neste debate tamén hai achegas das diferentes organizacións autonómicas do PSOE. Unha das máis claras vén de Valencia, desde onde @s socialistas falan mesmo de converter España nun estado sen provincias, suprimindo deste xeito as deputacións. Aliás, queren que se recoñeza claramente que no seo de España existen feitos diferenciais, sen tremerlle o pulso á hora de falar de nacións, e avogando por unha 'asimetría' entre os diferentes territorios.

Comentarios