O PSdeG-PSOE confirma primarias para a candidatura á presidencia da Xunta

Sexan cando foren as eleccións e mesmo adiantándose ao outono deste ano, o PSdeG-PSOE celebrará primarias para elexir a persoa que presentarán como candidata á Xunta da Galiza.

Nin un adianto electoral fará cambiar de opinión á directiva do PSdG-PSOE á hora de convocar primarias polas que militantes da organización elixirán á persoa que será candidata á presidencia da Xunta. Confirmouno o secretario de organización Pablo García para quen o requisito legal de convocatoria oficial con 55 días antes abondaríalles para culminaren o proceso. Previamente, o partido rematará a realización dos congresos provinciais.

Comentarios