O PSdeG pide que tod@s @s conselleir@s comparezan nun pleno extraordinario

Abel Losada denuncia que Feijoo “escamotea a información e escamotea as súas políticas tanto á cidadanía como ao Parlamento de Galicia”

O Grupo Parlamentario Socialista reclama que se celebre un Pleno extraordinario para que comparezan tod@s @s conselleir@s do Goberno de Feijoo co fin de coñecer as futuras liñas de actuación futuras da presente lexislatura. Asegura o voceiro, Abel Losada, que “é a primeira vez que non se celebra esta comparecencia ao principio de lexislatura”, por iso insiste “os cidadáns deben coñecer o que pensa facer Feijoo ao longo de catro anos”.

Losada denuncia que Feijoo “escamotea a información e escamotea as súas políticas tanto aos cidadáns como ao Parlamento de Galicia”. Afirma que o PP segue a estratexia de sempre “non conta o que vai facer porque iso permítelle saltarse o programa electoral que votaron os cidadáns e que dixo que non ia facer”. Sinala que esta folla de ruta da dereita “defenden os intereses privados e os seus beneficios partidarios, en detrimento dos servizos públicos fundamentais”.

Comentarios