O PSdeG pide a Feijóo que dea a cara" e explique as referencias a Galiza nos pagamentos de Bárcenas

O voceiro do grupo parlamentar socialista, Abel Losada, explique a presenza de alusión ao PPdeG nas facturas de Bárcenas feitas públicas hoxe

O voceiro do rupgo parlamentar socialista, Abel Losada, reclamou ao presidente da Xunta e do PPdeG que “dea a cara” e explique a presenza de alusión ao PPdeG nas facturas de Bárcenas feitas públicas hoxe en El País. Esixiulle ao presidente da Xunta que aplique “luz e taquígrafos” e “cando menos intente non enganar aos galegos e galegas” de novo.

Losada dixo que tanto o PP como o seu presidente “teñen que dar conta aos cidadáns” de Galicia e reclamoulle que aplique a transparencia da que presume. Subliñou que “xa vimos cómo no caso Dorribo non houbo luz nin taquígrafos nunha entrevista planificada –co empresario imputado- na que se deron subvencións ilegais”.

Comentarios