O PP veta o debate en Pleno da ILP contra os despexos e fusiona o texto co seu anteproxecto de lei

A Iniciativa Lexislativa Popular promovida pola PAH e apoiada por máis dun millón de sinaturas foi finalmente fusionada polo grupo maioritaria co decreto lei aprobado polo executivo español. Desparece a dación en pago e non se paralizarán os despexos senón que se fixará unha moratoria de até dous anos `para "familias con especial risco". 

Malia apoiar inicialmente a súa tramitación --o mesmo día en que dúas persoas se suicidaban a causa dunha execución hipotecaria-- o Partido Popular non permitiu que a ILP contra os despexos continuase o procedemento de tramitación habitual nas Cortes española e impide que sexa debatida en Pleno. A norma, que foi fusionada co anteproxecto de lei presentado polo Goberno e que non contaba co apoio dos movementos sociais nin os grupos da oposición, será debatida no Senado. 

Na Galiza, o PP votaba esta mesma terza feira en contra dunha proposición presentada polo BNG en prol da dación en pagamento

A nova lei será aprobada pola Comisión de Económica e remitida directamente á Cámara alta, ao contrario das demandas da oposición que exixían un debate parlamentar en Pleno e no Congreso habida conta da magnitude e relevancia do texto normativo. Para alén do alcance mediático e popular da mesma que foi apoiada por máis dun millón de sinaturas. 

A introdución do anteproxecto de lei presentado polo Goberno de Mariano Rajoy muda substancialmente o contido e alcance da ILP ao non recoller a dación en pagamento e si unha moratoria de 2 anos para aquelas familias consideradas "de especial risco". Tamén así limita os intereses da demora para aquelas vivendas de residencia habitual e permite a un(nha) notari@ suspender a venda extraxudicial naqueles  casos en que se recoñezan xuros abusivos. 

Para as forzas da oposición o contido da proposta final é "insuficiente" e non supón unha solución para ninguén en grande medida ao non resolvérense aquelas débedas impagábeis. No entanto, ampliouse o prazo de presentación de emendas durante unha semana máis. 

Comentarios