O PP pagou sobresoldos a José María Aznar cando presidía o Goberno español

2,7 millóns de euros en 1996. Así o recolle o xornal El País de acordo coas informacións tiradas da investigación sobre o caso Bárcenas que desenvolve a Audiencia Nacional

O Partido Popular pagou a José María Aznar máis de 2 millóns de euros en sobresoldos cando este era xa presidente do Goberno español. Segundo as informacións tiradas da investigación que leva a cabo o xuíz Ruz en relación coa contabilidade en B do PP, o ex-presidente tería percibido diñeiro procedente do seu partido embora a lei vixente --naquela altura-- consideraba ilegais este tipo de pagamentos ao seren incompatíbeis co exercicio dun cargo público. 

Segundo o informe elaborado pola Axencia Tributaria con motivo da investigación xudicial, Aznar tería cobrado até en tres ocasións sobresoldos procedentes das arcas do PP en concepto de "gastos de representación". Actualmente Mariano Rajoy obtén por esta razón unha cantidade superior á que percibe como presidente, no entanto a actual lexislación permite ás organizacións políticas retribuír a representantes eleit@s non fixando incompatibilidade. 

No decorrer da investigación Luís Barcenas asegurou que a razón destes pagamanetos procuraba "compensar" os baixos salarios d@s deputad@s. Porén, José María Aznar leva máis dun mes como presidente cando se realizou o último pago. 

Comentarios