FEIJóO: "QUEN A FAI TEN QUE DAR EXPLICACIóNS"

O PP galego achegou 21 millóns de pesetas en 1999 a Bárcenas sen os declarar a Facenda

El País publica hoxe que, de acordo coas investigacións abertas polo caso Gurtel, en 1999 o PP galego achegou ás contas de Bárcenas 21 millóns de pesetas que non foron declarados a Facenda.
Mariano Rajoy
photo_camera Mariano Rajoy

Rajoy opta por unha comparecencia perante os seus, non perante os xornalistas. Non terá así que contestar a dúas perguntas obvias. Primeira: recibiu ou non sobresoldos? Segunda: caso afirmativo, declarounos a Facenda ou non?

Fontes próximas ao PP dan por suposto que Rajoy vai optar polo contraataque e que anunciará accións legais, ben como avanzará os primeiros resultados da auditoría interna que encarregou após o estourido do escándalo Bárcenas.

O que publica hoxe o diario El País dá veracidade á contabilidade de Bárcenas. Nos seus apuntes contábeis, aparece unha entrega realizada polo PP galego en 1999. 21 millóns de pesetas. Esa achega rexistouna tamén nos seus papeis Pablo Crespo, o ex secretario de Organización do PP, no seu día xulgado e condenado pola trama Gurtel.

Non admira, pois, que esta mesma semana o presidente da Xunta non puxese a man no lume polos “anteriores” nen polo “anterior·”, en alusión a quen o precedeu na dirección do partido, isto é, ao seu fundador, Manuel Fraga Iribarne.

Onte mesmo, Feijóo afirmou: “O que a fai ten que dar explicacións. E estou certo de que as explicacións se van dar”.

Mentres, a outra opción de recambio de Rajoy ao fronte do partido, Esperanza Aguirre, mantén un calculado silencio.

Máis en POLÍTICA
Comentarios