O PP abre un expediente disciplinario @s edís de Ames

O caso será tramitado polo Comité de Garantías da formación, que decidirá cales serán as consecuencias após a saída d@s 6 edís da equipa municipal.

"Roma non paga traidores", aseveraba o cónsul romano Escipión após ordenar a execución daqueles que asasinaran a Viriato traizoándoo. O PPdeG non vai tan aló, mais si que sanciona a quenes rachan filas. Neste senso, @s 6 edís que abandonaron esta semana a equipa municipal de Ames serán expedientados polo partido aos consideraren "díscolos" logo da súa ruptura co alcalde.

Segundo un comunicado feito público polo propio Partido Popular a decisión foi adoptada ao entenderen que a súa ausencia no pleno municipal deixaba ao rexedor en minoría. Cuestión que se suma, aseguran fontes populares, ás discrepancias públicas amosadas pol@s concelleir@s manifestadas a respecto, non só do alcalde de Ames, senón da propia dirección do PP da provincia da Coruña.

Este comportamento é considerado unha "falta estatutaria" polo partido de maneira que será o Comité de Garantías da organización política a que decida cales serán as consecuencias derivadas da renuncia á súa acta de concelleir@s.

Comentarios