O Parlamento insta ao executivo español a indultar a David Reboredo

A través dunha declaración institucional lida esta terza feira na sesión plenaria, a Cámara galega insta ao Consello de Ministr@s español a pór en liberdade ao veciño de Vigo ao entenderen que "a reinserción xa está conseguida". Vídeo no interior. 

Os grupos parlamentares apresentaron de maneira conxunta esta terza feira unha declaración institucional en que se insta ao executivo español a indultar a David Reboredo. O veciño de Vigo atópase na prisión da Lama por un delito cometido en 2006 en que o mozo foi detido portando unha papelina de heroína de 400 mg. Após máis de cinco anos, a xustiza ordenou a súa entreda na cadea malia a estar rehabilitado e participar en diversos programas de axuda para drogodependentes e prevención do consumo de drogas. 

Logo dunha intensa campaña en que a familia de David contou cun importante apoio social, político e sindical; o Parlamento de Galiza vén de se posicionar en prol da súa posta en liberdade, porén o Goberno español amosouse durante todo este tempo contrario a indultar ao vigués, malia a que nos primeiros once meses do seu mantado, o ministro de xustiza puxo en liberdade a 468 persoas --entre elas, algúns casos tan polémicos coma o do kamikace

Comentarios