POLÍTICA

O goberno español deixará sen subsidio por desemprego a maiores de 55 anos cuxa renda familiar supere os 967€

O goberno español deixará sen subsidio por desemprego a maiores de 55 anos cuxa renda familiar supere os 967€

O executivo de Mariano Rajoy endurecerá as condicións para o cobro do subsidio por desemprego a [email protected] maiores de 55 anos. O goberno español pretende introducir máis un requirimento que impediría cobrar  a prestación se posúen cónxuxe ou [email protected] que perciban máos de 967 euros. A norma non terá carácter retroactivo.

Xan. 56 anos. Operario da construción. Desempregado de longa duración. Con hipoteca. O goberno de Mariano Rajoy pretende deixalo sen subsidio porque a súa dona cobra máis de 967 euros ao mes. O nome é ficticio mais a situación reflectida é a de milleiros de persoas nun Estado español en que o 21,11% do total de [email protected] é maior de 50 anos (692.400 persoas).

O Consello de [email protected] dará luz verde esta sexta a unha modificación no decreto-lei de reforma da xubilación anticipada e parcial mediante o que endurecerá as condicións de acceso ao subsidio por desemprego para maiores de 55 anos. Segundo o executivo español o obxectivo da medida é prolongar a actividade laboral deste colectivo mais deixará sen axuda a aquelas persoas que --aínda non tendo acceso a ningunha prestación-- posúan cónxuxe ou [email protected](s) maiores de 26 anos que perciban un salario mensal superior a 967 euros ao mes. A reforma, que non posuirá carácter retroactivo afectará ás solicitudes que se produzan a partir da súa entrada en vigor.

A partir da súa entrada en vigor a reforma deixará sen subsidio @s maiores de 55 anos que posúan unha renda familiar maior aos 967 euros/mes

Reforma da xubilación anticipada e parcial
O executivo prevé asemade introducir outras reformas no decreto-lei encamiñadas a adiar as prexubilacións. Neste senso exixirá 33 anos cotizados para acceder a unha xubilación anticipada e permitirá combinar o cobro do 50% da pensión se a traballadora ou traballador cotizou 35 anos e un mes, coa continuidade no seu posto de traballo. Neste senso, a nova norma non exime de continuar a cotizar malia que as cotas se reducirán até o 8% (2% a cubrir [email protected] traballadora).

As centrais sindicais advirten que o pacote de medidas previstas polo Goberno de Mariano Rajoy xerará importantes desaxustes na contratación xuvenil e retrasará a incorporación laboral da xente moza nun Estado en que a medate [email protected] [email protected] non teñen traballo.

Apoia Nós Diario

Se estás lendo de balde este xornal é grazas ás máis de 3.000 persoas subscritoras. A información independente ten un prezo. Apoia un xornalismo galego e sustentábel subscribíndote a Nós Diario ou facéndote mecenas.

comentarios