O Goberno da Coruña condiciona a demanada pola Casa Cornide a que a Xunta a declare BIC

O concelleiro de Memoria Histórica do Concello da Coruña, Jesús Celemín, reiterou onte que o Goberno local presentará a demanda pola Casa Cornide (na actualidade propiedade da familia Franco) pero asegurou que están a esperar á declaración como Ben de Interese Cultural (BIC) da mesma por parte da Xunta da Galiza.
Casa Cornide (Imaxe: Concello da Coruña).
photo_camera Casa Cornide. (Imaxe: Concello da Coruña)

O concelleiro de Memoria Histórica do Concello da Coruña, Jesús Celemín, reiterou onte que o Goberno local presentará a demanda pola Casa Cornide (na actualidade propiedade da familia Franco) pero asegurou que están a esperar á declaración como Ben de Interese Cultural (BIC) da mesma por parte da Xunta da Galiza.

Fíxoo en resposta a unha pregunta do portavoz do BNG, Francisco Jorquera, na sesión plenaria celebrada de onte.

"Resposta clara"

Nela, o edil reclamou unha resposta "clara" en relación a este asunto e, en concreto, se se ía a presentar antes de concluír o mandato.

Celemín manifestou que "por suposto" que presentarán a demanda aínda que asegurou que están a esperar a que a Xunta aprobe a declaración definitiva do BIC.

"Unha cousa os desexos, outros os tempos políticos e outra os xudiciais", sostivo.

Resposta do BNG

Desde o BNG, sosteñen, que se trata de dous procesos independentes [a demanda polo inmóbel e a declaración BIC] e que "un non ten que condicionar o outro como argumenta o Executivo galego".

Comentarios