O fiscal xeral non desbota chamar a declarar a Rajoy

O fiscal xeral do Estado, Enrique Torres Dulce, non desbota chamar a declarar á cúpula dirixente do PP. Torres Dulce afirmou que de se confirmaren os indicios delictivos podería mesmo tomar declaración ao presidente do Goberno, Mariano Rajoy.

Torres Dulce ocupa un cargo, a fiscalía xeral do Estado, nomeado polo Goberno, mas mesmo así non desbota chamar a declarar á cúpula dirixente do PP, após se coñecer que esta podería ter recibido durante anos pagamentos en negro.

O fiscal xeral do Estado xulga que, de se confirmar as informacións aparecidas en El Mundo e El País, estariamos ante indicios delictivos. Nesa hipótese, e se fixer falta para o esclarecimento do asunto, non descartaría chamar a declarar ao xefe do Executivo, Mariano Rajoy.

Comentarios