O expediente X de Allariz

Dun empate entre BNG e PP a unha maioría absoluta do BNG. Un erro informático na web do Ministerio do Interior puña fin á hexemonía do Bloque na vila do Arnoia.

DSC05366-e1530865890859
photo_camera Cristina Cid, alcaldesa de Allariz

Seis actas para o BNG, seis actas para o PP e unha para o PSOE. Estes eran os resultados que reflectía a web do Ministerio do Interior a respecto dos resultados das eleccións municipais en Allariz. Un dos feudos históricos do Bloque deixaba de selo, mais por un erro nos datos amosados por Interior.

O Ministerio do Interior emendaba o problema e dáballe unha maioría absoluta máis ao Bloque Nacionalista Galego. Finalmente, Cristina Cid recuncará como alcaldesa da vila do Arnoia ao lograr o BNG o 62,11% dos votos e nove edís, fronte aos 22,8% dos votos do PP, que logra tres representantes, e o 13,6% das papeletas do PSOE, cunha acta.

Comentarios