martes 04/08/20

O CIS duplica a intención de voto do BNG desde abril

O último barómetro publicado polo Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) reflicte unha recuperación do voto estimado para a fronte nacionalista mentres que o Partido Popular perde apoios e recolle o sementado coa política de recortes.

Os resultados do último barómetro publicado polo CIS outórganlle ao BNG un aumento no número de apoios de catro décimas con respecto aos resultados obtidos na enquisa do mes de abril. Neste senso, a fronte nacionalista mellora a súa estimación de voto e volve situarse no nivel das pasadas eleccións xerais. Após as escisións derivadas da Asemblea Nacional de Amio, o BNG recupera electoralmente, apoios que [email protected] crían perdidos. Neste senso, @s nacionalistas rachan coa espiral descendente e soben por vez primeira desde 2010 en estimación de voto. Asemade, experimentan a maior suba porcentual nos dous últimos anos, 0,3 en abril 0,7 en agosto. 

Pola contra, os resultados tirados polo CIS nesta xornada, salientan unha importante perda de votos do Partido Popular que diminúe en oito puntos os resultados obtidos nas pasadas eleccións xerais e catro, a respecto dos resultados obtidos no barómetro de abril. Asemade, @s [email protected] consideran que o goberno de Mariano Rajoy inspira pouca ou ningunha confianza. Do mesmo xeito, @s cidadás e cidadáns cren que a xestión do PP no goberno español é regular ou mala.

A respecto da organización territorial do estado español, un 12% [email protected] [email protected] apoian un maior autogoberno para os territorios e case o 9% pula pola independencia.  

O paro e os problemas económicos, as principais preocupacións
A crise sistémica que afecta especialmente á eurozona e as políticas regresivas que atacan de maneira directa ás clases populares determinan as preocupacións da cidadanía. Malia todo, as enquisas do CIS foron elaboradas antes da última vaga de recortes aprobados polo PP, entre os que se atopaban o maior axuste da democracia ou a suba do IVE.

Segundo os resultados do barómetro, a poboación considera como principais problemas sociais o desemprego --que ascende no estado español ao 25%--, os asuntos económicos e a clase política. Neste senso, case o 90% da cidadanía cre que a realidade económica do estado español --logo de ser anunciado o rescate á banca-- é mala ou moi mala. Asemade, a maior parte da poboación considera que a súa situación económica non mellorará o vindeiro ano e as persoas desempregadas, consideran nunha ampla porcentaxe (44%) pouco probábel atopar emprego durante os próximos doce meses. 

comentarios