O BNG solicita a dimisión de Orozco

Antón Bao considera que “por hixiene democrática” unha imputación debería implicar unha dimisión

O voceiro do BNG no Concello e tenente alcalde, Antón Bao, atendeu aos medios de comunicacións ao remate da conferencia de prensa sobre asuntos de cultura realizada hoxe no concello pola urxencia da nova de última hora da imputación de López Orozco, alcalde de Lugo, na Operación Pokemon. Bao afirmou que o BNG considera que “por hixiene democrática” cada vez que se produce unha imputación a persoa afectada, neste caso o alcalde de Lugo, “debería dimitir”. Segundo afirmou o voceiro do BNG esta decisión xa lle foi transmitida esta mesma mañá a López Orozco.

 O BNG de Lugo reunirá aos seus órganos de dirección e aos militantes da cidade para tomar a decisión de saír ou permanecer no Goberno

Nos vindeiros días o BNG de Lugo reunirá aos seus órganos de dirección e aos militantes da cidade para tomar a decisión de saír ou permanecer no Goberno. Bao deixou claro que “os motivos da imputación, así como os feitos investigados, son anteriores á entrada do BNG no Goberno municipal e nada teñen que ver coa xestión dos dous concelleiros do Bloque”.

Comentarios