O BNG presentará mocións nos concellos para que se manteña a paga de Nadal d@s empregad@s public@s

A formación nacionalista rexeita a decisión de "recortar" ás traballadoras e traballadores públicos e pensa que agravará a crise nas economías locais.
Salón de Plenos
photo_camera Salón de Plenos

O Bloque Nacionalista Galego ten claro que a supresión da paga de Nadal ás traballadoras e traballadores públicos é inxusta e "socialmente contraproducente para saír da crise, ao contraer aínda máis o consumo". Por este motivo pensa presentar mocións en todos os concellos galegos e que sexan @s propias concelleir@s @s que decidan.

Para o BNG "son o preludio de recortes para os traballadores e traballadoras do sector privado"

No texto da moción que presentará o BNG nos concellos manifestase e solicítase "o rexeitamento da Corporación municipal ás medidas reguladas polo Real Decreto-Lei 20/2012, do 13 de xullo", polo que implica de "perda de poder adquisitivo, que terán un efecto indirecto sobre o consumo no concello e no tecido económico local" e "compensar a perda do poder adquisitivo das empregadas e dos empregados públicos municipais, instando á Alcaldía a que adopte as medidas necesarias para atinxir ese obxectivo". Para @s nacionalistas estes recortes no sector público "sempre son o preludio de recortes para os traballadores e traballadoras do sector privado".

Comentarios