O BNG pon o ramo a 18 meses de “defensa de Galiza” no Parlamento europeo

Esta cuarta feira finalizou o tempo que lle correspondía á fronte nacionalista na Eurocámara, posto representado por Ana Miranda

Ana Miranda
photo_camera Ana Miranda

O BNG finalizou esta cuarta feira o seu tempo de escano no Parlamento Europeo após 18 meses “de intenso traballo político en defensa dos intereses de Galiza a través da eurodeputada Ana Miranda”. Miranda, como respons,abel de Política Internacional da Executiva do BNG, “vai continuar presentando iniciativas na Eurocámara en todos os temas relevantes para o país, a través da coalición na que o BNG concurriu en 2009 ás eleccións europeas e do grupo parlamentar Verdes-Alianza Libre Europea”.

O BNG acudiu ás pasadas eleccións europeas dentro da coalición Europa dos Pobos-Verdes,con outras formacións nacionalistas e de esquerda do Estado español, acadando un escano que estivo inicialmente ocupado polo ex eurodeputado e actual líder de ERC, Oriol Junqueras, posteriormente pola eurodeputada nacionalista e finalmente  polos representantes de Aralar e da Confederación dos Verdes.

Durante estes 18 meses de escano, o BNG focalizou os seus esforzos e iniciativas políticas na Eurocámara na defensa dos sectores produtivos de Galiza, así como das demandas sociais e cidadáns en múltiples eidos. Como apontan desde a frente nacionalista, “ 18 meses de intenso traballo para converter o escano do BNG no escano de Galiza na Unión Europea, para defender os intereses do país en clave galega e para dar voz directa á cidadanía".

Comentarios