O BNG pide a Goberno español que rebaixe o IVE cultural e para material escolar

A deputada Rosana Pérez considera que a suba do imposto non atinxiu o obxectivo de aumentar a recadación e, por contra, “encareceu de xeito desmesurado os prezos e está a destruir empresas e postos de traballo”

material escolar

A deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, presentou na Cámara unha proposición non de lei e unha pregunta parlamentar na que insta ao Goberno a reconsiderar o IVE do 21% fixado en setembro para o ámbito cultural (onde era do 8%) e para o material escolar (era o 4%).

“As subas do IVE aplicadas desde setembro de 2012, que ademáis do efecto pernicioso de provocar un considerábel aumento dos prezos, non “está a xerar as recadacións que o Goberno presumía”. Pón de manifesto que “está demostrado que se produce unha contención no consumo da actividade cultural debido precisamente a ese encarecemento que, unido ás rebaixas salariais e ao aumento desmesurado do paro, fan que á cidadanía lle resulte moi difícil poder consumir produtos culturais como ir ao cinema, ao teatro ou a concertos”.

O Goberno de Rajoy incrementou o IVE que pasou na cultura do 8% ao 21%. "Están a facer da cultura algo sço ao alcance das elítes", 

Gastos de cara un novo curso escolar

Rosana considera, aliás, que “Dado o grave contexto económico polo que atravesa o Estado español e ás portas de que se inicie un novo curso escolar, tamén é preciso ter moi presente o aumento do IVE no material escolar, co impacto que iso ten en milleiros de familias.



 

Comentarios